Xela Airas, a poesía desconforme

Neste 17M #DíadasLetrasGalegas2021 poñemos en valor o legado de Xela Arias: intempestiva, ousada, feminista e comprometida coa nosa lingua

Santiago, 17 de maio.- Neste 17 de maio, no #DíadasLetrasGalegas2021 celebramos a Xela Arias. Poeta inconforme, intempestiva, e comprometida coa nosa lingua.

Nesta pequena homenaxe, escollemos estes versos mostra do seu carácter desconforme: «Pois se me declaro inconforme co mundo, se me declaro contradictoria e filla das miñas contradicións (…) a poesía convérteseme nunha táboa de salvación no naufraxio das razóns estritas.»

Autora de poemas que transgreden, noctámbulos e mesmo influidos polo rock nos que se adiantaba ao seu tempo desde unha óptica de xénero e a exploración poética da maternidade, na intensa experiencia de parir e criar ao seu fillo Darío: “Tal couza na estructura do edificio destruí-lo noxo, o que te anoxa. Coma un fío de auga quixeras atravesalo todo, regato nos cons de illa ben dotada.”

E unha mostra do seu fondo compromiso coa nosa língua:

«Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma».