Debe verse reflectido o peso do sector agrario en Galicia na reforma da PAC do 2020

Debe verse reflectido o peso do sector agrario en Galicia na reforma da PAC do 2020

Debe verse reflectido o peso do sector agrario en Galicia na reforma da PAC do 2020

Debe verse reflectido o peso do sector agrario en Galicia na reforma da PAC do 2020

A reforma da Política Agraria Común (PAC) da Unión Europea foi o principal punto de traballo nas xornadas de formación que a secretaría de Medio Rural de Podemos Galicia realizou durante este fin de semana en colaboración coa dirección estatal. Unhas xornadas nas que se abordaron en profundidade os cambios a introducir no futuro e dos que se conclúen que “debe verse reflectido o peso do sector agrario en Galicia na reforma da PAC do 2020” Nas xornadas, púxose énfasis na procura dunha PAC 2020 que favoreza ás pequenas e medianas explotacións agrarias, para defender o modelo social na contorna rural. Unha PAC que interveña na cadea de valor para dar maior peso aos productores nos prezos. Unha PAC que protexa mellor aos consumidores para ter acceso a alimentos saudables e nutritivos. E unha PAC respetuosa co medioambiente. Desde a perspectiva galega quíxose poñer en valor que sectores agrarios como o vacuno de leite, o vacuno de carne, o viñedo, ou a apicultura son sectores moi relevantes social e económicamente porque manteñen poboación activa no medio rural e con todo están castigados fronte a outros. De Do mesmo xeito, fíxose ver que os chamados “dereitos históricos” á hora de xestionar a PAC penalizan a Galicia onde por exemplo un receptor medio da PAC recibe 4800 euros anuais fronte aos 18.000 que recibe por exemplo un castelán manchego. Tamén houbo unha mención separadamente para as pensións “da agraria”, que en Galicia perciben mayoritariamente as mulleres e que son objetivamente baixas.

Reglamento Omnibus

O reglamento Omnibus que se aprobou en decembro pasado no parlamento europeo coa abstención de Podemos tamén formou parte do fin de semana. A abstención xustificouse porque se deixou flexibilidad aos estados p   ara definir a figura de agricultor activo, algo irrenunciable para Podemos porque a política agraria debe estar dirixida principalmente aos agricultores. e tamén porque se abre a posibilidade a privatizar os seguros dos fondos de desenvolvemento rural. Con todo, tamén se quixo sinalar que nel hai avances positivos como a maior capacidade das organizacións de productores para intervir no mercado, o que pode beneficiar por exemplo ao sector lácteo.

Algúns datos:

A PAC é a principal política da UE. España recibe 40.000 millóns de euros cada ano, dos que 1000 millóns repercuten en Galicia. Supoñen na práctica, ao redor do 80% do orzamento dedicado ao rural. En Galicia hai 30.000 perceptores de PAC, dos que 7000 son xubilados e un 54% por cento son mulleres. Con todo, Galicia é tamén una das comunidades nas que máis xóvenes son perceptores dos seus fondos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies