Unidas Podemos insta ao recoñecemento das enfermidades profesionais das coidadoras

Gómez Reino: “Temos constatado que a gran parte das coidadoras son mulleres de 50 anos con horarios abusivos e salarios baixos que sofren doenzas musculares e infecciosas polo seu labor que non se lles recoñecen”

Santiago, 22 de maio.- Unidas Podemos vén de rexistrar no Congreso unha iniciativa parlamentar para empurrar a ampliación do recoñecemento das enfermidades profesionais que adoitan sufrir as persoas que se adican aos coidados de maiores e dependentes, nun ano particularmente gravoso polo impacto da pandemia.

‘Os coidados, un sector altamente feminizado no Estado, caracterízanse pola alta precarización, a dureza física da labor con moitas horas por salarios moi baixos para sacar adiante un traballo tan complexo como esencial na nosa sociedade, na atención ás persoas maiores e dependentes nunha poboación envellecida e cunha alta esperanza de vida”, expón o deputado galego Antón Gómez Reino.

Tal e como reflicte o escrito, a gran parte das personas que se adican profesionalmente aos coidados son mulleres maiores de 50 anos con contratos temporais ou a tempo parcial con horarios longos e excesivos que, a maiores, soportan a infradotación nos cadros de persoal, a ausencia de mecanización e de equipos axeitados para mover grandes pesos das persoas as que coidan.

O resultado, segundo sinala o propio Instituto Nacional da Saúde a da Seguridade Social, é a altísima incidencia entre as coidadoras de enfermidades de doenzas músculoesqueléticas (tendinite, tunel carpiano, lumbalxia, síndrome cervical..), e infecciosas (hepatitis, tuberculose…), sumado ao estrés xeralizado. Todo isto agudizado pola pandemia da Covid na que o persoal dos coidados foi un colectivo altamente vulnerable pola propia natureza do seu labor imprescindible.

O grupo confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común pide coñecer polo miúdo cales son as enfermidades profesionais que se recoñecen na actualidade, a súa evolución en datos nos derradeiros anos e se hai algunha outra en fase de estudo ou trámite para o seu recoñecemento.

Por último, o noso espazo, que se fai eco das demandas da Plataforma SAF Galicia de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar, pregunta cales son as medidas que adopta o Goberno no caso do incumprimento por parte das empresas no recoñecemento das mesmas, asi como as medidas a adoptar para que as persoas que se adican profesionalmente aos coidados “conten coas debidas garantías” no recoñecemento das enfermidades que derivan do seu desempeño laboral. 

Aquí podes consultar a iniciativa rexistradas polo noso espazo nas Cortes.