UN DÍA PARA TODAS

Desde Podemos Galicia poñemos en valor a aposta do Goberno de coalición polo sistema de coidados como o cuarto piar do Estado de Benestar como un dos obxectivos irrenunciables da Axenda 2030:  ningúen atrás

Unha emenda aprobada hoxe eleva a 2.600 millóns a partida asignada ao Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, cunha inxección final de 566 millóns máis 

Santiago, 3 de decembro.-  No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, desde Podemos Galicia queremos facer fincapé neste manifesto na procura da inclusión, do respecto e da accesibilidade universal para a minoría máis ampla do mundo.

Co gallo desta data, cómpre salientar a aposta deste Goberno de coalición do que formamos parte por mellorar o sistema público de coidados como o cuarto piar do Estado de Benestar. Un compromiso recollido na Axenda 2030 e que ten o seu reflexo orzamentario nas contas para 2021, os orzamentos máis sociais e necesarios da historia, que se debaten a esta hora no Congreso dos Deputados na recta final para a súa aprobación e co respaldo máis amplo desde o 2007. 

Unha emenda de última hora ven de elevar en 566 millóns a asignación á partida Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, que se eleva finalmente até os 2.600 millóns de euros. Unha partida sen parangón que deixa ben as claras que á atención a depencia e a discapacidade é unha das prioridades na acción política e lexislativa desde Goberno, un Goberno do que Galicia forma parte e no que Galicia conta.  

Cómpre lembrar hoxe que hai 15 anos que o Estado asinaba Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, na que se cualificaba como un dereito fundamental a accesibilidade e a inclusión das persoas discapacitadas como actores independentes e parte activa da sociedade.

Con todo, desde Podemos Diversidade denuncian que seguen a ser invisibilizadas, loitando día a día con barreiras de todo tipo debido á falla dunha lexislación adaptada e dos medios que lles permitan salvar esa enorme barreira invisible que é a discriminación social.  Facémonos eco da súa denuncia ao respecto de distintas situacións inxustas, entre elas a inaccesibilidade dos sistemas de quendas electrónicas e outras moitas pequenas e grandes dificultades coas que se enfrontan a cotío e que require dunha acción máis determinada por parte das Administracións públicas. 

É por iso que desde Podemos Galicia queremos facer hoxe este chamado á concienciación social e sinalar canto camiño queda aínda por percorrer. O lema elixido este ano para este 3 de decembro polas das Nacións Unidas ‘Un día para todas’, pon o foco en que a discapacidade non nos debe ser allea xa que todos e todas, nalgún momento da nosa vida, imos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente.

Por último, e neste contexto de pandemia, cómpre reflexionar sobre o vivido. As persoas dependentes debera ter sido ser as máis protexidas, pola súa vulnerabilidad, e en Galicia cónstanos que, pola parte da Xunta, e coa súa incualificable xestiónnos centros de maiores e dependentes desde marzo, lamentablemente, non foi así e o prezo en vidas e secuelas é ben alto.

Agardamos, pois, que este día sexa un punto de inflexión para que o acontecido non se repita nunca máis. Loitamos, loitemos por unha sociedade diversa onde a diferencia non signifique discriminación.