PEAXES AP9
O Partido Popular xa non engana a ninguén, tiveron a oportunidade de liberar as peaxes deste treito da AP9 entre Vigo e O Porriño, no seu día durante o mandato de M.Rajoi, e negáronse ilegalmente a cumprir co mandato do acordado na comisión de fomento no 2018, e pola contra, M.Rajoi e Ana Pastor, prorrogaron a concesión da AP9 e subiron as peaxes.
O cinismo demagóxico co que trata o Partido Popular a toda a veciñanza, é dunha brutal indecencia, polo que carecen de calquera autoridade moral para reclamar nada.
Nós, seguiremos a traballar coa conciencia e co rigor que o benestar común merece, e con todas as ferramentas que temos ao noso dispor, para seguir loitando e apoiando as veciñas e veciños para conseguir unha seguridade viaria nesta A55 ao seu paso por Mos, acorde ao século XXI
Nós non facemos demagoxia, falan os feitos✊✊
Román Gonzalez – Concelleiro de Podemos en Mos