Podemos Mos amosa a súa preocupación coa problemática de Monte Faquiña

Román González: «Solicitamos en reiteradas ocasións que o goberno de Mos acceda a nosa petición da creción dunha mesa de diálogo cos empresarios afectados, a comunidade de montes de Tameiga, propietaria dos terreos, e un representante de cada grupo da corporación do concello de Mos para mediar nesta problemática»

Luns, 11 de outubro. No pleno municipal celebrado o pasado día 5, Podemos Mos, a través do seu voceiro e concelleiro non adscrito da corporación mosense, volveu pedir que o goberno do concello de Mos acceda á súa petición da creación dunha mesa de diálogo a tres bandas para darlle solución a unha problemática que, según os datos facilitados, pode afectar a uns 800 postos de traballo directos.

Dende a formación insisten en esgotar todas as vías de diálogo, e aínda que hai un proceso xudicial aberto, este pódese frear se hai dispoñibilidade para chegar a acordos.

O voceiro mosense e tamén voceiro provincial de Podemos, Román González, declarou que: «A clase política, cando existe unha problemática desta envergadura, debe estar por riba dos intereses partidistas e dos egos persoais, e neste caso, creo firmemente que a corporación no seu conxunto debería remar unida para darlle solución a esta grave problemática».

«Teño claro que se nas vindeiras datas o goberno de Mos non se posiciona de maneira dialogante e pensando nos intereses de todo o conxunto da veciñanza, dende o meu partido poñeremos todas as ferramentas precisas enriba da mesa para acadar unha solución beneficiosa para todas e para todos».