Podemos Galicia esixe á Xunta que paralice o megavertedoiro tóxico de Teo

A Administración autonómica pretende autorizar a unha empresa privada a reconverter unha canteira abandonada nun inmenso depósito con dez millóns de metros cúbicos de residuos

O secretario xeral do partido, Antón Gómez Reino, e o voceiro de Medio Ambiente de Común da Esquerda, Marcos Cal, anuncian que Podemos levará á súa acción institucional e lexilativa as demandas da veciñanza e das plataformas Casalonga Limpa de Residuos e En Defensa do Río SarT

O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado de En Común no Congreso, Antón Gómez Reino, e o voceiro de Medio Ambiente de Común da Esquerda no Parlamento de Galicia, Marcos Cal, reuníronse esta mañá en Teo con veciñas da localidade e membros da plataformas Casalonga Limpa de Residuos e En Defensa do Río Sar, para coñecer a situación na que se atopa o proxecto da Xunta para restaurar a concesión de explotación dunha canteira abandonada e convertila nun macrovertedoiro de residuos tóxicos.

Tras a reunión, e tras realizar unha visita á zona afectada, Gómez Reino e Cal anunciaron que esixirán á Xunta que resolva negativamente a autorización do proxecto, e que atenda ás cerca dun millar de alegacións presentadas á avaliación de impacto ambiental do vertedoiro. Moitas delas refírense a afección que terá o proxecto na lagoa de Casalonga, que conforma un amplo hábitat de diversas especies animais e vexetais, formado de maneira natural na canteira.

“Imos rexistrar de inmediato unha pregunta no Parlamento de Galicia para que a Xunta explique por qué non da resposta a esas alegacións”, dixo Cal, quen lembrou que o PP ven de rexeitar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei do Grupo Parlamentario Común da Esquerda destinada a paralizar o proxecto. A proposta pretendía tamén que a Administración autonómica puxera en marcha os estudos precisos para avaliar o estado ecolóxico da lagoa e os seus recursos hídricos e biolóxicos.

A intención da Xunta e permitir a unha empresa privada, é encher o oco resultante da explotación mineira con dez millóns de metros cúbicos de residuos de diversas clases (de prospección, de procesos térmicos, de construcción e demolición, fraccións de residuos municipais e lodos procedentes de prantas de tratamentos), que se depositarán alí ata ata acadar a cota orixinal do monte. Entón, serán tapados cunha última capa de terra de 30 centímetros.

A canteira de Casalonga está ubicada a menos dun kilómetro de varios núcleos de poboación nos que habitan arredor de 5.000 personas nun área de apenas dous kiómetros cadrados. “Falamos dunha gravísima afección medioambiental, pero tamén de miles de personas que tamén se verán afectadas”, dixo Gómez Reino, quen subliñou que Podemos Galicia “trasladará á súa acción política e lexislativa as demandas das plataformas e das veciñas”.

Jaime García, presidente da plataforma Casalonga Limpa de Residuos, asegurou que a Xunta está actuando neste caso dun modo que “parece moito máis enemiga” dos veciños que as propias empresas que pretenden lucrarse coa explotación do macrovertedoiro. Tamén criticou que a Xunta non teña respostado ás alegacións que presentaron, e que a Dirección Xeral de Minas lles nege, tanto ás veciñas como ao Concello de Teo “calquera tipo de información” sobre o proxecto.

Pola súa banda, o biólogo Pablo Gómez, membro da Plataforma en Defensa do Río Sar, destacou “o valor ecolóxico engadido” da lagoa, que se formou polo vaciado artificial do monte que provocou a canteira, pero que se ten “naturalizado” desde que hai dez anos a empresa concesionaria abandonou a explotación da mesma. Gómez advertíu tamén que o plan para a instalación do vertedoiro pasa polo baleirado da lagoa, que podría afectar gravemente ao río Sar e ao  varios cauces colindantes dado que nas súas augas habitan algunhas especies piscícolas exóticas invasoras, como o carassius auratus ou carpin dourado.