Podemos Galicia denuncia que o anteproxecto de lei sobre o ciclo integral da auga da Xunta abre a porta á privatización

Gómez Reino: “A Xunta debe ser transparente coa repercusión das novas taxas creadas nos petos das familias”

Martes, 22 de setembro. Podemos Galicia denunciou este martes que o novo anteproxecto de lei sobre o ciclo integral da auga da Xunta propón un novo modelo de xestión no que a Xunta abre a porta á privatización dun ben básico esencial, no que incluirá uns canons que aumentarán os costes nas facturas das galegas. 

“A Xunta presume de  baixar  impostos, pero a  realidade  é que  llos  baixa  ás rendas  máis altas, porque  increméntallos  aos familias”,  alegou o secretario  xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino. “Preocúpanos enormemente que Feijóo  estea  promovendo, como  é habitual, un negocio a partir  dun  ben esencial,  coas  repercusións que  isto pode  ter para  as familias,  autónomos e  pequenas empresas”. 

Segundo  recolle o documento no  artigo 1, “Autorízase  ao Consello da Xunta de Galicia para a creación da  Sociedade mercantil pública autonómica para a  xestión  do ciclo integral da  auga con carácter de  Sociedade anónima e  coa referida denominación, a cal se adscribirá  á Consellería con competencias en materia de  augas”. 

Esta  lei “ rexerase polo  ordenamento  xurídico privado, salvo  nas materias que  lles  sexa de aplicación a normativa  orzamentaria, contable, de control  financieiro e de contratación pública. En ningún caso  lle  poderán ser  atribuídas facultades que impliquen o  exercicio de potestades públicas”. 

Gómez Reino  criticou que a Xunta presente este  proxecto de  maneira “unilaterial” e  sen diálogo. “Un  proxecto  destas características debe  xurdir a partir  do consenso político e social  coas distintas  institucións afectadas polo  mesmo”,  alegou.