Podemos Galicia denuncia que a Xunta “improvise” na volta ao cole

A formación pide á Xunta que reforce as ratios e estabilice ao persoal 

Martes, 11 de xaneiro. Tralas vacacións de Nadal, Podemos Galicia criticou a improvisación da Xunta nos plans para a volta ás escolas despois das festas, un sector onde actualmente hai 13.000 persoas afectadas polo coronavirus segundo datos da Consellería de Sanidade. 

A portavoz de Podemos Galicia, Verónica Hermida, sostivo que “Trala experiencia do curso pasado, non entendemos como a Xunta de Galicia está a improvisar. Sabemos que a contención da covid-19 pasa pola baixada de ratios mediante o reforzo de profesorado”.

“Lamentablemente, parece que Feijóo está a aproveitar esta situación para debilitar o ensino público como tamén fai coa sanidade”, continúa Hermida. De feito, a formación critica que o Goberno de Feijóo non cubrise xa as baixas do persoal afectado pola covid que informou a semana pasada que non ía poder acudir ás escolas. 

Podemos Galicia pide á Consellería de Educación que “cumpra coas súas competencias” e que escoite aos sindicatos e ás organizacións estudantís. Segundo informou a CIG, as ausencias actuais ascenden a 350 profesores. “A Xunta debería ter aprendido a xestionar a volta ás aulas en pandemia, pero non fai máis que demostrar a súa reticencia a reforzar os servizos públicos e a achegar o persoal necesario tanto nas escolas como nos hospitais”.