Gómez Reino: “Non me cabe dúbida de que a Asamblea Cidadá será un exemplo de cohesión, unidade e coralidade”
O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, anunciou este mércores a convocatoria de primarias para elixir a nova dirección do partido que conducirá a formación os próximos catro anos.
Neste mandato demostrouse que Podemos Galicia defende unha cultura orgániza capaz de integrar sensibilidades, visións diversas e facer da pluralidade unha riqueza. “Atrás quedan en Podemos Galicia tempos de divisións”, defende Gómez Reino, que incide no protagonismo e a importancia da militancia, dos Círculos de Podemos e inscritas, “que comprenden a importancia da unidade e a diversidade”.
A elas agradece as políticas sociais e os logros de Unidas Podemos no Goberno: “Cada subida do Salario Mínimo Interprofesional, cada ERTE que salvou pequenas empresas ou familias, cada contrato que era temporal e precario e pasou a ser indefinido, cada bolsa, cada abono de transporte gratuíto ou cada dereito adquirido polas mulleres no noso país”. O secretario xeral sostén que esta Asemblea Cidadá será un “exemplo de cohesión, unidade e coralidade”.
Gómez Reino considera que o próximo ciclo electoral será clave en Galicia e no Estado, no que hai que traballar para garantir as mellores posicións institucionais para Podemos Galicia e para o conxunto do espazo político en concellos, parlamentos e gobernos: “traballar para frear á dereita, e sobre todo traballar para Gobernar e seguir transformando”.