Podemos Galicia condena os actos vandálicos no domicilio do voceiro provincial de Pontevedra Román González Garrido.

Podemos Galicia vén de condenar os actos vandálicos, concretamente pintadas ameazantes, perpetrados no domicilio do voceiro provincial de Pontevedra, Román González Garrido.

A formación indica que estes feitos xa foron denunciados por Román González ante as autoridades pertinentes e confía en que a investigación policial leve a esclarecer os autores dos mesmos, pero, sobre todo, espera que este tipo de actos non se volvan repetir.

Podemos pon en relevo a gravidade destas pintadas, posto que foron realizadas no propio domicilio familiar de Román González, e amosa o seu apoio a Román González Garrido e a súa familia ante estes feitos.