Podemos Galicia celebra que ADIF restableza a conexión con Euskadi pero insta a implementar outros servizos cancelados no inicio da pandemia

‘Alégranos que Adif atenda as nosas reivindicacións e repoña un servizo que demandaba a cidadanía. Agardamos que repoñan e melloren as outras conexións galegas anuladas na pandemia’, di Gómez Reino

Compostela, 8 xaneiro.- Podemos Galicia celebra que ADIF restableza o vindeiro luns a conexión ferroviaria entre Galicia e Euskadi que suprimira durante a pandemia cun novo tren Alvia que acorta os tempos da viaxe e incorpora novas paradas en Vitoria e Pamplona, ademáis de Bilbao e Logroño.

‘Alégranos que ADIF atenda as nosas reivindicacións e repoña un servizo fundamental para a mobilidade sostible e a conectividade do noso país coa cornisa cantábrica’, manifestaba hoxe Antón Gómez Reino, deputado e secretario xeral de Podemos Galicia.

Ao tempo, Gómez Reino apremiaba a Renfe a restablecer e mellorar as comunicacións internas e conexións galegas que se cancelaron ou se reduciron no pasado ano por mor da COVID-19, tanto no local e no interno, como nos trens e servizos que conectan Galicia co resto da Península.

O grupo confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Cómun tiña presentada o 15 de outubro unha batería de preguntas e iniciativas instando, precisamente a Renfe, a explicar a cancelación da conexión ferroviaria entre Galicia e Euskadi, pero tamén urxindo a ADIF a repoñer no inmediato esta conexión que fora cancelada durante a primeira vaga da pandemia e que, aínda no mes de outubro, non se tiña restablecido tal e como demandaban a cidadanía galega nunha reivindicación que trasladamos ao Congreso a través desta iniciativa lexislativa.

No primeiro ano desta lexislatura, Galicia en Común ten presentadas numerosas iniciativas relacionadas coa necesidade de potenciar o transporte por ferrocarril, tanto no que ten que ver coa vertebración do territorio galego como coa conectividade de Galicia con outras comunidades autónomas nunha aposta decidida por potenciar o ferrocarril como elemento vertebrador do país.

Aquí podes consultar a iniciativa rexistrada o 15 de outubro do 2020.