Podemos Galicia apoia e chama a participar na manifestación convocada pola plataforma SAF Galicia este domingo en Compostela para reivindicar a renovación do convenio colectivo do sector tras 10 anos nos que a patronal negouse a sentarse e revisar as condicións obsoletas nas que as traballadoras realizan o seu traballo.
A pesar de que existe un consenso social sobre o esencial da labor que efectúan as traballadoras do servizo de asistencia á dependencia no fogar (SAF), as condicións de traballo e os salarios están moi por debaixo do valor real e social desta actividade. En Galicia, despois de dez anos sen renovar o convenio do sector, coa perda salarial e de dereitos que isto supón, as empresas incumpren incluso o establecido no mesmo, aproveitándose do desleixo das administracións que deberían velar polo carácter de servizo público e de calidade do SAF. Cando as propias administracións apostan pola privatización e un modelo que converte en negocio o público, o que fan é expoñer ás persoas beneficiarias deste servizo, e ás traballadoras que desempeñan o mesmo, ao rendemento económico das empresas. Nun país como Galicia coa poboación tan envellecida, o Servizo de asistencia á dependencia no fogar é fundamental, sen embargo, as traballadoras son compensadas co deterioro da súa saúde e o empeoramento paulatino das súas condicións de vida.
Podemos Galicia urxe a dignificar as condicións salariais e laborais das traballadoras do SAF a través da sinatura dun convenio que garanta as mesmas e a continuar traballando para acadar un servizo de asistencia á dependencia de calidade que se preste dende a xestión pública.
