Podemos Galicia mantivo desde o primeiro momento unha posición clara para facer viable o cambio apostando por uns orzamentos sociais e comprometidos con Galicia. Consideramos exemplar desde o primeiro momento a posición do grupo de En Marea no Congreso como actor clave para alcanzar os orzamentos máis sociais, progresistas e feministas da historia recente ao tempo que fixeron a maior defensa de Galicia como único axente que plantou cara ao goberno esixindo un trato xusto coa nosa comunidade. A apertura da negociación co goberno era unha boa oportunidade para alcanzar os orzamentos non só máis sociais senón tamén máis beneficiosos para Galicia.
O veto aos orzamentos aborta a posibilidade defender as emendas parciais para Galicia para mellorar as condicións de vida da cidadanía galega. Dende Podemos Galicia, e desde o grupo de En Marea no Congreso apostabamos por continuar negociando co goberno para lograr o mellor acordo para o noso país. Hoxe votouse contra a subida do SMI, contra máis recursos en dependencia para as galegas e galegos, contra a eliminación do copago farmacéutico.
O rexeitamento aos orzamentos abre a porta a un adianto electoral, no que a brunete mediática sacará toda a súa artillería para trasladar ao goberno de España a fórmula andaluza. Dende Podemos Galicia non tememos ás urnas, sairemos a por todas, coa intención de aglutinar unha gran alianza política e social en clave de progreso, que actúe como muro de contención de quen quere atrasar o reloxo cincuenta anos.
Queremos para Galicia, e para o Estado un goberno de progreso, que sitúe no centro a axenda social, que recoñeza a plurinacionalidade e que atenda as necesidades de Galicia como corresponde. Que ninguén dubide que sairemos a gañar.
Hoxe é un día triste para a cidadanía progresista. Os orzamentos máis sociais da última década foron tombados polo bloque reaccionario. Desde Podemos Galicia agradecemos o compromiso co cambio e con Galicia das deputados e deputadas do grupo de En Marea no Congreso que, electos baixo o mandato da Coalición En Marea, conformada por Esqueda Unida, Anova e Podemos Galicia, defenderon os intereses da cidadanía, das maiorías sociais do pais fronte a ofensiva conservadora traballaron durante meses para un acordo orzamentario histórico no social e que hoxe foi bloqueado polas forzas conservadoras.
