Podemos chama a reconstruír o espazo político de cambio en Galicia

Podemos chama a reconstruír o espazo político de cambio en Galicia

Podemos chama a reconstruír o espazo político de cambio en Galicia

COMUNICADO

O Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia, reunido en sesión ordinaria desde o pasado xoves 5 de abril, no que se iniciou a xunta de maneira presencial e que se mantivo aberto de maneira telemática ata hoxe sábado día sete ás 10:00 da mañá abordando os seguintes puntos da orde do día: 1- Valoración consulta aos inscritos e inscritas municipais e europeas. 2- Propostas de cohesión do espazo político. 3 – Dinámicas Grupo Parlamentario de En Marea do Parlamento de Galicia.

Quere sinalar: O compromiso rotundo deste Consello Cidadán coa decisión dos inscritos galegos de avalar a proposta da dirección estatal para as próximas eleccións municipais. Do mesmo xeito quere agradecer a implicación de cada un dos inscritos nesta votación, que supuxo a segunda maior participación nunha consulta en Galicia desde Vistalegre II, superando as 6000 persoas, o que confirma á formación morada en Galicia como o principal referente do proceso de ruptura democrática e cambio en Galicia. É precisamente a responsabilidade de liderar a eses inscritos a que obriga a este Consello Cidadán a abordar sen dilación nin ambiguedade a situación de anormalidade democrática e de representación xerada no espazo de cambio en Galicia que ten como último e inaceptable fito o intento dunha parte de impoñer sobre o grupo parlamentario, -auténtico referente da pluralidade política e social do rupturismo democrático galego avalado polos votos de máis de 10.000 persoas- o seu criterio. A situación creada obriga aos axentes do cambio en Galicia a reformularse a organización política dunha proposta social á que cada día súmanse máis e máis galegos ante a apatía polos problemas no día a día das persoas e a corrupción estrutural do goberno Feijóo. Por todo isto, desde o Consello Cidadán de Podemos Galicia queremos chamar ás organizacións e movementos a reconstruír o espazo, tomando como referencia os chamados “acordos de Mazarelos” que deron lugar á proposta política que máis e mellor representou a ilusión por recuperar o seu futuro da sociedade galega. Uns acordos que deben ser puídos e ampliados, incorporando o recoñecemento dos espazos municipalistas como un axente máis dende o respecto á súa autonomía para deter a continua laminación pola que algúns apostaron; e que deben converter o momento actual nun punto de inflexión que permita recuperar ás maiorías sociais o liderado das súas institucións. Por último, do mesmo xeito que xa fixeron coas súas declaracións e actos a executiva autonómica e os deputados de Podemos no grupo parlamentario, desde o Consello Cidadán Autonómico queremos reiterar a autonomía do grupo parlamentario galego así como o respecto absoluto ás súas decisións e denunciar a caza de bruxas interesada e orquestrada polo Partido Popular -tras un incidente que a propia policía municipal calificou como menor- na que lamentablemente cairon tamén algunhas persoas do espazo de cambio contra a nosa compañeira Paula Quinteiro.  

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies