Podemos Galicia esixe á Xunta de Galicia que presente medidas concretas e eficientes para a mellora da Atención Primaria e así optar á financiación a través da nova partida de 172 millóns de euros aprobada onte no Consello de Ministros.

Estas medidas están destinadas a dar resposta a demandas concretas das diferentes comunidades autónomas, como poden ser reforzar o material diagnóstico nos centros sanitarios, optimizar procesos administrativos para axilizar a prestación de servicios ou cribados para detectar cáncear de cérvix dende Atención Primaria.

“Este verán escoitamos a Rueda dicir que o colapso en Atención Primaria non era por racaneo, pero a realidade é que Galicia é a cuarta comunidade autónoma que menos cartos inviste en Atención Primaria con respecto aos orzamentos globais”, sinala a voceira de Podemos Galicia, Verónica Hermida.

“Vemos como, a pesar de dispoñer de máis fondos, o Goberno da Xunta segue sen fazer o esforzo que a Atención Primaria necesita.”

Neste sentido, Hermida alega que “Causa estupor escoitar a un presidente incapaz que negou o colapso de Atención Primaria durante todo o verán, a pesar de que foron numerosos os centros de saúde que estiveron sen médicos. Vemos como o Goberno do Estado volve a habilitar unha nova partida para Atención Primaria, cal vai a ser a proposta de Alfonso Rueda para eses fondos? Seguirá a botarlle a culpa da súa incompetencia ao Goberno do Estado?”

“Galicia encabeza todos os ránkings negativos en canto a avaliación da sanidade”, denuncia Hermida.  É a segunda comunidade con peor ratio e Pontevedra é a peor provincia neste aspecto, e segundo apuntan as organizacións sanitarias, se precisan polo menos outras 5.000 profesionais.