Natalia Prieto nova secretaria de organización de Podemos Galicia

Natalia Prieto nova secretaria de organización de Podemos Galicia

Natalia Prieto nova secretaria de organización de Podemos Galicia

Santiago 27 de abril de 2018.

A chantadina Natalia Prieto foi nomeada nova secretaria de organización de Podemos Galicia tras a reunión celebrada onte polo Consello Cidadán de Podemos Galicia en Santiago. Prieto, Licenciada en Económicas pola Universidade de Vigo é militante de Podemos desde os seus inicios no círculo de Chantada, e ocupaba ata agora a secretaría de medio rural, onde colaborou estreitamente coa dirección estatal nos temas relativos á política agraria común (PAC) da Unión Europea e liderou as propostas de Podemos Galicia sobre emprego, conciliación e coidados -centradas sobre todo na muller- no rural galego.  

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos valorou o seu nomeamento sinalando que “estou segura de que Natalia será unha excelente secretaria de organización. Xa amosou no partido traballo, diálogo e firmeza, e é o que necesitamos nesta época preelectoral para seguir fortalecendo Podemos en Galicia”. Santos tamén indicou que “o compromiso de Podemos Galicia e o meu mandato como secretaria xeral é o de feminizar o partido e a política galega, ese foi o mandato dos inscritos e inscritas. En Podemos as mulleres non son cuotas, son personas moi preparadas que viñeron a política a tomar decisions e asumir responsabilidades sin mais teitos que os que elas mesmas decidan e facer un novo xeito moito mais fraterno de actuar políticamente”.  

Xunto a Natalia Prieto, tamén pasa a formar parte do Consello de Coordinación Autonómico Ángel Gey, que asume a secretaría de movementos sociais. Gey, é un coñecido activista do marisqueo galego, fundador e membro de Plademar entre outros colectivos.  

A dirección de Podemos Galicia tamén decidiu que os deputados autonómicos, Marcos Cal, Luca Chao, Paula Quinteiro, Magdalena Barahona e Pancho Casal; así como os deputados estatais Antón Gómez-Reino e Ángela Rodríguez “Pam” sexan invitados con periodicidade as xuntanzas estratéxicas relacionadas co espazo do cambio por ser os seus representates institucionais. A secretaria xeral de Podemos Galicia declarou ao respecto que “deste xeito seguimos ampliando a construcción plural e colectiva das propostas estratéxicas para que decidan os inscritos e inscritas, e non queremos que ningunha sensibilidade de Podemos Galicia se quede fora. Ben sexa nos debates, Ben sexa nas estructuras. Polo tanto, nesta época de obedecer o novo mandato dos inscritos pois queremos que nos debates estén todolos compañeiros e compañeiras que teñen unha representación institucional da nosa organización nos distintos espazos e proxectos”.  

Tras estes cambios o consello de coordinación de Podemos Galicia pasa a estar formado por Carmen Santos (secretaria xeral) Natalia Prieto (secretaria de organización) Marlene Pérez (secretaria de acción institucional) Begoña Hermida (secretaria de participación) Rogelio Santos (secretaría de municipalismo) María Antonia Trillo (secretaria de feminismos) Ángel Gey (secretaría de Movementos sociais) e Marcelo Armendáriz (secretaría de programa)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies