María Antonia Trillo: “A sentenza de Juana Rivas e reaccionaria e patriarcal”

María Antonia Trillo: “A sentenza de Juana Rivas e reaccionaria e patriarcal”

María Antonia Trillo: “A sentenza de Juana Rivas e reaccionaria e patriarcal”

Trillo lembrou que “ainda fai unha semana que na coruña mataron a unha muller, unha compañeira”

 

A Coruña, 27 de xulio de 2018.- A secretaria de feminismos de Podemos Galicia, María Antonia Trillo calificou de “reaccionaria e patriarcal ” a senteza que hoxe condenou a cinco anos de cárcere  e seis sen os seus fillos a Juana Rivas. Trillo lembrou que “ainda fai unha semana que na Coruña mataron a unha muller, unha compañeira” e sinalou que “a verdade e que hoxe as mulleres atopámonos completamente desprotexidas”.

 

A secretaria de feminismos de Podemos Galicia engadiu que “nos últimos meses estamos a asistir a resolucións xudiciais escandalosas” e ” con esta decisión xudicial estanse invisibilizando os malos tratos” . María Antonia Trillo quiso recordar que “o 8 de marzo as mulleres saimos as rúas, en Galicia de xeito masivo, para decir moi alto e claro que xa abonda de violencias machistas”.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies