Inscritas de Podemos Galicia aproban o acordo de Goberno co PSOE cun 97,23% dos votos

Mércores, 27 de novembro de 2019.

A militancia Podemos Galicia ven de aprobar o acordo de Goberno asinado o pasado día 12 entre Unidas Podemos e o PSOE cun 97,23% dos votos.

Na consulta, realizada mediante votación telemática, participaron 7.062 militantes, inscritas e simpatizantes galegas de Podemos Galicia a través das súas respectivas organizacións.

Os resultados da consulta foron os seguintes:
Votos: 7.062
Votos a favor: 6867 (97,23%)
Votos en contra: 170 (2,40%)