Esiximos a liberación inmediata de Juana, cooperante española de axuda humanitaria en Palestina, e dos seus compañeiros’

‘Hai que poñer fin as detencións contra o personal das oenegués que desenvolven os proxectos sociosanitarios que Israel non quere facer’, denuncia o deputado galego

Madrid, 27 de abril de 2021. O grupo Confederal Unidas Podemos-En Común Podem-Galicia En Común vén de rexistrar unha iniciativa parlamentar para urxir ao Goberno a mediar para a liberación inmediata de Juana Ruiz, cooperante española de axuda humanitaria en Palestina detida sen cargos polo Goberno de Israel, asi como aos seus compañeiros.

O deputado galego e vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores, Antón Gómez Reino, eleva esta iniciativa a Cámara Baixa para coñecer, de primeira man, que accións que ten previsto levar a cabo o Estado para urxir a liberación de Juana Ruiz, unha traballadora de 62 anos que leva máis de 35 anos residindo en Israel e desenvolvendo o seu labor humanitario nunha ONG palestina.

“Juana Ruiz é unha cooperante española retida pola forza sen cargos, sen probas e sen xuízo, algo que contravén claramente o dereito internacional”, denuncia Gómez-Reino. Xunto a Juana, fican en detención administrativa outros dous compañeiros e traballadores da equipa de contabilidade da organización sanitaria Health Work Commites (HWC), Tayseer abu Sharbak e Saeed Abbad.

“Juana Ruiz e os seus compañeiros teñen que ser postos en liberdade o antes posible. O noso Goberno debe asegurar que o Estado de Israel respecta os dereitos humanos da poboación palestina”, esixe Gómez Reino. A petición, rexistrada hoxe mesmo no Congreso foi tamén asinada ademais polos deputados Gerardo Pisarello, Lucia Muñoz Dalda, Juan López de Uralde, Pedro Antonio Honrubia e Roser Maestro.

Na mesma liña, a europarlamentaria de Unidas Podemos, Idoia Villanueva, rexistraba onte unha pregunta dirixida ao Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade inquirindo polas accións do comisionado para a liberación de Juan Ruiz e dos outros dous compañeiros detidos. Villanueva incide no escrito na necesidade de que desde a UE se exhorte a Israel a cumprir co Dereito Internacional para non repetir detencións sen cargos nin xuízo.

Sinalar que as autoridades israelís irrumpiron pola forza na casa familiar de Juana, na madrugada do día 13, cun dispositivo militar de 20 soldados para interrogala. Incautaronse dos equipos informáticos e de documentación relacionada co traballo humanitario que ven realizando esta ONG no territorio, en auxilio do pobo palestino.

Esta é unha práctica habitual do Estado de Israel que xa foi denunciada reiteradamente polos Relatores Especiais da ONU, posto que contravén o dereito internacional. Unidas Podemos esixe coñecer as accións que ten previsto realizar o Goberno perante o Estado de Israel para demandar a inmediata liberación de Juana Ruiz, Tayseer abu Sharbak e Saeed Abbad.

Desde Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común cómpre pór en valor o traballo realizado por esta oenegué desde hai anos, con distintos proxectos financiados pola nosas Administracións públicas de carácter sociosanitario como a prevención sanitaria en aldeas de Cisjordania ou a vacinación das nenas e nenos de Jerusalén. Un traballo indispensable que o Estado de Israel se negou a realizar.

Outros proxectos da ONG Health Work Comittees afondan no servizo pretanal para muller de Cisjordania e outras imprescindibles campañas de información relacionados cos hábitos sanitarios.

“Juana Ruiz e os seus compañeiros teñen que ser postos en liberdade o antes posible. O Goberno debe asegurar que o estado de Israel respecta os dereitos humanos da poboación palestina”.