O deputado galego puxo o foco nas partidas chave para sanidade, dependencia, a suba das pensión a baixa das peaxes e o sanemaneto das rías que respostan a demandas históricas do país

“Estes orzamentos sitúan a Galicia entre os territorios con máis investimento por galega por riba da media e diante de Cataluña e Euskadi, que si apoiaron as contas”

Madrid, 4 de decembro.-  “Estes orzamentos eran absolutamente necesarios para Galicia e para o conxunto do Estado porque implican unha mobilización inédita de recursos públicos que son a  mellor vacina social contra a pandemia”.  Así o manifestaba hoxe as portas do Congreso,  Antón Gómez Reino,  deputado e portavoz de Galicia en Común, logo de tomar parte no pleno no  que foron aprobados os Presupostos Xerais do Estado para 2021. 

Orzamentos históricos tanto polo volume de recursos públicos que mobilizan como por concitar o maior respaldo político  en 18 anos, con once partidos que sumaron os seus votos para  apuntalar un cambio de ciclo político necesario que deixa atrás o austericidio e pon a proa nas persoas cara un novo modelo de xustiza e equilibrio social.  

“Estes orzamentos incrementan o gasto social en todas as materias centrais como sanidade, ensino, vivenda, dependencia e coidados e sitúan a Galicia entre os territorios con maior investimento por habitante: 308 por cada galego, moi por riba da media do Estado, e por diante de Madrid, Valencia e mesmo Cataluña ou Euskadi, con forzas soberanistas que si refrendaron estas contas”, apuntou o deputado galego. 

“É difícil entender que uns orzamentos que concitan o respaldo de todas as forzas progresistas do arco parlamentaria, de todas agás unha, non son sociais. É incomprensible e inédito. Tamén é difícil comprender que unha forza que aspira a mellorar as contas presente unha emenda a totalidade que pecha as portas de calquera negociación e 234 emendas parciais das que máis de 200 non cumprían cos requisitos legais para ser aprobadas”, sinalou. 

“Gobernamos pensando en Galicia, nos galegos e nas galegas. Estas contas son boas para Galicia e son boas para o conxunto do Estado. Aí están os datos”, reiterou.

Os novos orzamentos do Goberno de coalición suben os investimentos nas catro provincias, permiten a suba das pensións a maís de 800.000 maiores e respostan a demandas históricas da sociedade galega como a rebaixa das peaxes e a supresión de tramos na Ap-9 e o saneamento das nosas rías. Ademais, permiten equiparar permisos de maternidade e paternidade para 11.000 galegos, incrementar en 52.000 as bolsas de ensino e un investimento histórico do Ministerio de Traballo no país e nas políticas activa de emprego.

Gómez Reino tamén fixo fincapé nos 3.000 millóns que se inxectan na sanidade pública e reforzo na Atención Primaria, para revertir a asfixia popular;  5.700 millóns para industria, 900 millóns no impulso ao Primario, cun 12% máis para mar e agro que nas contas do PP de Montoro, e detívose  no capítulo de vivenda pública que medra un 365% e no de dependencia, +68%. Salientou o incremento do 150% nos recursos das partidas para comercio, turismo e Pemes, sen esquecer a aposta pola modernización dos asteleiros galegos, que supoñen 55 millóns vía SEPI, dos que 35 son para a ría de Ferrol.