Gómez Reino: ‘Feijóo non ten vergoña pero Ferrolterra ten memoria’

‘A Xunta do PP fai outro exercizo baleiro de escapismo e propaganda. Doce anos de inacción industrial levaron a esta comarca a desertificación e a crise sistémica’

Gómez Reino mantivo hoxe un encontro cos afectados polo amianto e o Comité de Emerxencia pola ría para trasladar a problemática ao Congreso

Ferrol, 30 de abril.- ‘Feijóo non ten vergoña pero Ferrolterra ten memoria’. Así respostaba hoxe o deputado de Unidas Podemos e Secretario Xeral de Podemos Galicia, Antón Góme Reino, ao anuncio do presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feijóo de propor un Pacto de Estado para a recuperación e transformación dunha comarca desertificada no industrial e despoboada no humano como resultado das nefastas políticas do Goberno galego.

‘O PP quere facernos esquecer que durante 12 anos tiveron as competencias exclusivas en Industria e despegarse da súa responsabilidade direta nos peches de Gamesa, a que subvencionaron con megavatios, Poligal, Noa e tantas outras que supuxeron a destrucción de centos e centos de empregos”, sinalou o deputado.

Desde o peirao de Curuxeiras, Gómez Reino denunciou décadas de maltrato, verquidos, recheos e agresións a ría de Ferrol, unha das máis pequenas en tamaño e ricas en biodiversidade, que soportou anos de polución e tóxicos dos asteleiros e de grandes empresas como Megasa, Forestal e o tráfico de gaseiros pola disparatada construcción da Reganosa en Mugardos.

‘Un pelotazo urbanístico’ cociñado a medias entre a Xunta do PP e o grupo Tojeiro, tal e como leva anos denunciando nos tribunais o Comité Cidadá de Emerxencia, coa complicidade de Feijoó e Rajoy, pagado cos cartos de todos e unha hipoteca permanente para medio millar de mariscadores das tres confrarías da ría que levan anos denunciando a problemática da contaminación na ría e as repercusións sobre a producción marisqueira que pon en risco centos de postos de traballo nunha ría históricamente moi castigada polo desemprego.

Nesta liña, Gómez Reino comprometeuse a trasladar a problemática do marisqueo ao Congreso a través dunha iniciativa parlamentar ademais de seguir afondando na rexeneración da nosa riqueza marisqueira. «Un ecosistema como este afectado pola ameaza sistemática e permanente como é Reganosa non está como debera na axenda institucional», sinalou o deputado que amosou o compromiso firme de Unidas Podemos na salvagarda do medioambiente e na defensa do emprego na ría.

Na visita a Ferrolterra, Gómez Reino tamén mantivo unha longa xuntanza coa dirección de Agavida para abordar a persistente problemática do amianto na comarca de Ferrol e perfilar as iniciativas parlamentarias nas que traballa o grupo confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, xunto con outras formacións da Cámara Baixa, para recoñecer os dereitos laborais dos traballadores afectados por esta lacra que tivo danos irreversibles sobre a saúde de moitos miles de veciños desta comarca.

Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino.