As obras deste vial foran comprometidas e orzamentadas durante anos nos PGE pero é agora cando empurramos a súa construción

Vigo, 12 de maio.-  En resposta a unha pregunta escrita rexistrada polo grupo confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana indica que xa está en marcha a redacción do proxecto para a construción da variante de Ponteareas, para conectar a A-52 coa estrada nacional N-120. 

Asi o manifestaba o deputado galego, Antón Gómez Reino, que trasladou ao Congreso esta demanda histórica da veciñanza de Ponteareas que levan anos demandando unha solución a este problema no nó de comunicacións da vila pontevedresa.  

O vial de conexión chegou a contar con dotación orzamentaria nos PGE dos sucesivos Gobernos de PSOE e PP, até 27 millóns de euros, pero até agora non se chegaran a iniciar os traballos previos para a súa execución real. 

En resposta a pregunta parlamentar formulada por Gómez Reino, o Goberno de coalición vén de confirmar o inicio da redación do proxecto para a construción do vial de conexión, unha demanda histórica da veciñanza agrupada na Plataforma N-120. 

‘O novo viario de conexión entre a autovía A-52 e a estrada nacional N-120 conta coa correspondente orde de estudo e xa comenzou a súa redacción’, sinala o ministerio en resposta parlamentar. 

Desde Unidas Podemos sinalar que seguiremos a traballar e a pular porque se dote de orzamento ao proxecto unha vez redactado para que unha obra tan necesaria como a variante de Ponteareas se execute canto antes” logo de anos de mofa e burla a cidadanía comprometendo un vial que non se materializaba nos feitos.