Gómez Reino: “A bonificación das peaxes da AP-9 é un éxito do Goberno de coalición”

“Nunca antes un Goberno se comprometera dunha forma tan clara coa AP-9, ningún Goberno do PP o fixo”

“Temos que felicitarnos e seguir traballando para que poidamos desfrutar dunha autopista galega, pública e gratuíta”

Martes, 13 de xullo. Unidas Podemos celebrou este martes a aprobación no Consello de Ministras do gasto para as bonificiacións das peaxes da AP9 que aliviarán as contas de moitas usuarias galegas. 

O deputado Antón Gómez Reino subliñou que despois de moitos anos desde que Unidas Podemos chegou ao Congreso presentando múltiples iniciativas relativas ás bonificacións e á titularidade pública da Autopista do Atlántico, dáse un paso “histórico”. “Nunca antes un Goberno se comprometera dunha forma tan clara coa AP-9, ningún Goberno do PP o fixo”, apuntou Gómez Reino.

“Temos que felicitarnos, seguir traballando para que a AP-9 continúe na senda de ir revertindo beneficios para a sociedade para que poidamos desfrutar dunha autopista galega, pública e gratuíta”. 

Estas medidas beneficiarán a miles de galegas que están pagando unha autopista máis que «amortizada» e que é o resultado de entregar a infraestructura a mans privadas, tras prorrogar dúas veces a concesión, ampliada co PP de Aznar ata o 2048 e aprobar subidas do 1% ata o momento.

Podes descargar aquí o audio.