Falaremos, dialogaremos e pactaremos un referendum entre todas as forzas democráticas

Falaremos, dialogaremos e pactaremos un referendum entre todas as forzas democráticas

Falaremos, dialogaremos e pactaremos un referendum entre todas as forzas democráticas

Santiago de Compostela, 21 setembro 2017.– A Secretaria Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, expresou hoxe a necesidade urxente de sentarse a falar para constituir un grande bloque de forzas políticas que defendan, ante todo, a democracia e as liberdades e dereitos civís, que posibilte unha saída para o conflito catalán a través dun referéndum pactado.

Neste sentido, Carmen Santos, en declaración aos medios nun acto en Noia, lembrou a convocatoria prevista para o próximo domingo en Zaragazo, a inciativa de Podemos, que consistirá nunha Asamblea de Parlamentares e cargos institucionais de todo o Estado unidos por esa defensa común da liberdade, a fraternidade, a convivencia e a democracia.

Santos afirmou que a actuación represiva por parte do Goberno español, ademais de ser intolerable nun estado de dereito, está coartando a liberdade non só dos que queren a independencia senón tamén das que queren manifestar libremente outra cousa pero tampouco poden.

“É una variable –engadiu- que non se está contemplando neste debate pero que está aí, a da xente que quere opinar, votar pero para dicir que non quere independencia”.

Non imos calar

En todo caso, continuou a Secretaria Xeral, gústenos ou non a decisión resultante, esteamos a favor ou en contra, o que está por riba de todo é o dereito a poder expresarse “porque para iso vivimos nunha democracia”.

“Unha democracia onde sempre estaremos en contra da violencia e os ataques á liberdade e a dereitos que tanto nos custou conseguir. Non imos calar nin tolerar que o goberno do PP nos siga agredindo deste xeito”.

Sobre as mostras de solidariedade co pobo catalán que tiveron lugar onte en distintos puntos de España, a SX e vicevoceira 2ª do GP En Marea lembrou que non facían mal a ninguén nin teñen a ver con “1-0 si ou 1-0 non”, senón que foron á resposta a ese ataque á democracia e ao dereito a manifestación, expresión, reunión etc que se nos están cercenando.

Asamblea Zaragoza

Concluiu amosándose esperanzada coa convocatoria do domingo, da que agarda saia ese grande bloque de forzas progresistas dispostas a salvagardar a democracia como prioridade de todas as axendas.

Asegurou que de Galicia xa está confirmada a participación de distintos deputados e deputadas de En Marea e outros partidos, así como do resto do Estado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies