Carmen Santos reúnese co secretario xeral de CCOO en Galicia Ramón Sarmiento

Carmen Santos reúnese co secretario xeral de CCOO en Galicia Ramón Sarmiento

Carmen Santos reúnese co secretario xeral de CCOO en Galicia Ramón Sarmiento

Unha delegación de Podemos-Galicia encabezada pola secretaria xeral, Carmen Santos, mantivo un encontro co secretario xeral de CCOO en Galicia, Ramón Sarmiento dentro da ruta #AGaliciaQueQueremos.

Na xuntanza, na que se analizou a situación económica e social do país, tamén estiveron presentes a secretaria da Muller e Políticas de Igualdade de CCOO, Mamen Sabio e por Podemos Galicia, María Antonia Trillo da área de Emprego, Manuel Villares do círculo de Emprego e Natalia Prieto, secretaria de Medio Rural.

No encontro tamén se abordou a precariedade laboral, a situación industrial galega, o incremento dos salarios mediante un cambio da normativa da negociación colectiva, a necesidade de dar resposta ao modelo de desenvolvemento do rural en Galicia e á ILP por unha renda mínima que presentaron no Congreso CCOO e UGT.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies