Carmen Santos “Queremos unha Galicia forte nun estado plurinacional federal que respecte as identidades”

Carmen Santos “Queremos unha Galicia forte nun estado plurinacional federal que respecte as identidades”

Carmen Santos “Queremos unha Galicia forte nun estado plurinacional federal que respecte as identidades”

– Carmen Santos “estamos orgullosas de cada ventre que en Sarria, Compostela, Bos Aires, Zurich, Nova Iersei ou Dakar pariu Galicia, pariu matria, pariu país”

– Natalia Prieto sobre as comarcas: “unha boa ferramenta territorial que axudaría a unha boa ordenación do territorio e a revitalización do rural galego, sobre todo en provincias como Lugo”

Sarria (Lugo), 25 de xullo de 2018.- A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, pediu hoxe “unha Galicia forte nun estado plurinacional federal que respecte as identidades” no marco da celebración do día da matria que Podemos Galicia celebrou este ano no municipio lucense de Sarria.  Santos tamén tendeu novamente a man ás forzas amigas para “ampliar as maiorías das alcaldías do cambio tecendo alianzas e sair unidas a recuperar o resto de concellos de Galicia para a xente”.

A secretaria xeral de Podemos Galicia reivindicou neste 25 de xullo “a cada un dos galegos e galegas que construíron a nosa matria”, e quixo sinalar explicitamente dende os galegos e galegas exiliadas polo mundo “exiliadas antes da pobreza e a ditadura do franquismo que en Galicia se chamou fraguismo, e exiliados agora, sendo a xeración máis preparada da nosa historia, do paro á precariedade e á corrupción dos gobernos de Feijóo e Rajoy”, até os “galegos e galegas nacidos en Senegal, Marruecos, Rumanía ou Siria”.

Cabe destacar que a secretaria xeral de Podemos Galicia fixo a súa intervención acompañada por membros da comunidade Siria residente en Galicia – Sarria foi o primeiro concello galego en acoller a refuxiados sirios en 2016- aos que mostrou o su total apoio e amosou con orgullo a Galicia como “a matria solidaria e fraterna de refuxiadas que buscan auxilio e humanidade como buscamos os galegos e galegas cando as circunstancias políticas é económicas nos obrigan”.

Carmen Santos tamén quixo reivindicar o papel da muller galega na construción de Galicia como nación, e sinalou que “estamos orgullosas de cada ventre que en Sarria, Compostela, Bos Aires, Zurich, Nova Iersei ou Dakar pariu Galicia, pariu matria, pariu país”, para logo facer un recorrido polo traballo invisibilizado que desenvolveron e desenvolven as mulleres en Galicia, dende labores na casa, no campo ou na industrialización até a súa función actual no ensino, na sanidade, na xustiza ou na administración e pulou por non retroceder un paso nos dereitos adquiridos e  seguir avanzando e rachando teitos de cristal.

No acto central de Podemos Galicia no día da matria tamén interviron a secretaria de organización de podemos Galicia, a chantadina Natalia Prieto que fixo unha reivindicación das comarcas como “unha boa ferramenta territorial que axudaría a unha boa ordenación do territorio e a revitalización do rural galego, sobre todo en provincias como Lugo” e a portavoz do círculo de Podemos Sarria, Paula de Santiago, que pediu políticas reales de preservación do patrimonio que deben empezar porque o concello se faga cargo da torre do Batallón, e a rehabilitación e apertura de ponte Ribeira.

Refuxiados sirios.

A celebración do día da matria en Sarria de Podemos Galicia contou coa activista siria polos dereitos humanos Fadile Chami, que sinalou “as dificultades que ten chegar a un país con distinto idioma, distinta cultura, e até distinta comida, o que se fai moi duro para un refuxiado que fuxe da guerra” polo que quixo dar as “grazas aos galegos e aos sarriáns que abriron os seus brazos aos refuxiados sirios e que agora son ás administracións as que lles toca asumir a sua reponsabilidade ante as dificuldades de atopar un aluguer sendo refuxiadas”.  

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies