Unha vez finalizado o mandato do actual Consello Cidadán Galego, toca a renovación do órgano autonómico no que se renovarán os órganos de coordinador autonómico e o Consello Cidadán. Hoxe comeza un proceso que concluirá o próximo día 15 de decembro coa publicación dos resultados.
Este é o calendario:
–21 de novembro. Publicación na web do calendario, regulamento e protocolo do proceso. Creación da Comisión Técnica e o Comité Electoral
–Do 21 ao 30 de novembro. Prazo para a elaboración de documentos.
–Do 21 ao 23 de novembro. Preinscripción de candidaturas a coordinador/a Autonómico/a, CCA e CDGA.
–Do 22 ao 25 de novembro. Subsanación de precandidaturas.
–24 de novembro. Publicación de precandidaturas individuais.
–Do 26 ao 28 de novembro. Avais: prazo para pedir, recibir e entregar avais persoais e colexiados.
–28 de novembro. Peche do censo.
–30 de novembro. Rexistro oficial de listas e documentos.
Lembra que para poder participar nas votacións debes estar verificado, se aínda non o estás, entra e verifícate aquí https://participa.podemos.info .
Como sabes, o que distingue a Podemos é a forza e implicación da súa militancia e precisamos de ti e a túa participación para seguir demostrándoo!