“Agora mesmo, a xente nova recibe a educación por internet e a educación sexual por internet condúceche a un porno pouco educativo”

“Agora mesmo, a xente nova recibe a educación por internet e a educación sexual por internet condúceche a un porno pouco educativo”

Esta entrevista faise en homenaxe a todas as persoas que morreron pola infeccion do VIH. E amosar un agarimo especial a Miguel e a Celsa pola sua valentia mais que demostrada. Falamos con Iván do Comité Antisida de A Coruña (CASCO)

P: Que cambiou desde os inicios da aparición do VIH nos anos oitenta ata agora? Que é o que máis chama a atención?

R: A esperanza de vida. En menos de 16 anos apareceron os antirretrovirais, o converter unha pandemia a nivel mundial que era o VIH nos anos oitenta con millóns de mortos en menos de dez anos a convertelo nunha enfermidade crónica. Produto de moito diñeiro que se investiu en investigación e que se segue facendo que foi gracias a toda a presión social que se fixo durante os anos oitenta e noventa.

P: Cando falas da presión social, qué colectivos mostraron máis forza?

 R: Hai dúas paradigmas, un a nivel a nivel máis internacional (falamos de Occidente), o caso estadounidense que foi quen empezou coa loita que foron o colectivos LGTB. Que de feito practicamente comezaron simultaneamente, unha única loita que axuda ao colectivo para facer presión. Con todo, aquí o caso español xa é distinto porque cando entrou o VIH non estaba tan asociado á práctica sexual senón a compartir xiringas, entón era un colectivo de risco de exclusión. En España e en A Coruña, empezouse desde a rúa, desde o colectivo de persoas drogodependentes ou persoas en risco de exclusión. En EEUU, os colectivos exercían certo poder social, aquí a situación era moito máis difícil.

 

P: Recordo que aqueles anos foron realmente terribles porque vías aos teus amigos que ían caendo paulatinamente cunha impotencia atroz e ademais estaba o estigma social aparellado. Ti es moi novo e non estiveches nos inicios da creación de CASCO, non?

R: levo en Coruña nove anos e no Comité aproximadamente oito.

P: Poderíasme contar algo sobre a historia de CASCO?

R:Estivemos a facer recuperación dos datos dos inicios porque queriamos facer un documental sobre a historia da loita contra a SIDA aquí en A Coruña. Dos fundadores do comité, entre eles, a nosa presidenta, Celsa, e o que a tí comentas, ela tamén dicíao, Dicía que parecía que había unha guerra, porque a xente nova morría porque en calquera grupo había afectados. Estaban moi sós, porque estaba aparellado á exclusión social. Por aquel entón, moitas familias daban de lado á xente e os inicios do comité foron consecuencia diso. Persoas, sen apoio, ninguén lles ía a ver ao hospital, non habia información. Creábanse vínculos con outros comités a nivel nacional, e ían conseguindo información a nivel internacional. Xente que viaxaba fóra para traer información sobre os avances médicos, medicación que se estaba probando. Os medios de transmisión que non se coñecían. Foise creando unha rede a nivel nacional, todo por carta e formábanse os comités. Era moi difícil pero moi positivo que a xente que estaba desamparada empezásese a unir. Ían acompañalos no momento da morte, para que non estivesen sós. Creo que foi unha loita moi bonita.

P: Dentro de entre todos os comités estatais, que papel xoga CASCO?

R: Fundouse en setembro do 90. Coruña foi un pouco pioneiro. Eran pouquiñas persoas. O primerísimo que se fixo foi por Navarra e unhas monxas de Cáritas que foron as primeiras que montaron un piso de acollida en 1986, para demostrar á sociedade que se podía convivir e aínda non se sabía a certeza clínica dos medios de transmisión, esas monxas foron realmente valentes, dixeron imos convivir coas persoas enfermas e demostrar ao resto da sociedade que non pasa nada.

P: Ti crees que a figura de Tomas está o suficientemente recoñecida aquí?

R: Creo que non, en xeral as figuras ao redor desta loita non obtiveron o recoñecemento que quizá se merecese porque esta loita foi moi dura porque mesmo eran loitas contra ás propias familias… aínda hoxe en día segue existindo un estigma. Igual pasa aquí coas persoas que levan a unidade do VIH no CHUAC, Fina, a enfermeira, o doutor Pereira. Toda esta xente foi moi valente e empezaron tratando aos seropositivos de maneira voluntaria porque dentro dos hospitais ante a dúbida de como se transmitía o persoal sanitario negábase a atender ás persoas seropositivas e estes profesionais aínda seguen agora, o Dr. Pereira que está xubilado pero segue asistindo aos congresos, Fina segue de enfermeira na unidade do VIH, a Dra., Castro. Esta xente non está o suficientemente recoñecida porque aínda hoxe a SIDA é algo que hai que ir escondéndoo debaixo da alfombra.

 

P: Co paso dos anos… en qué situación atopádesvos agora?

R: Non se avanzou nada, todo o que se avanzou a nivel sanitario, non se fixo a nivel social. Nacín en 1981, no ano en que os primeiros casos de SIDA foron diagnosticados, había casos anteriores pero non se coñecía o que era e o que o producía. Cando eu era adolescente, nos noventa había moitas campañas, aínda non existía a medicación, seguía sendo mortal e había campañas de concienciación. En 1996, foi cando se produciu o avance médico máis importante e a partir de entón se cronificou a enfermidade e baixouse a garda. Agora, atopámonos con xeracións posteriores que descoñecen realmente os medios de transmisión, volve o medo, pero dunha forma non tan presente. Cren que a eles, novos e sans non lles vai a afectar o VIH. Pero, cando un rapaz atópase cun diagnostico positivo, entre o grupo de mozos rende o pánico.

 

P: Quen crees que ten a culpa?

R: A educación, é a única maneira de cambiar as cousas. Unha forma de loita que non é inmediata. Aos medios de comunicación gústalles a inmediatez, vai dicir o que a xente quere oír. A xente non quere oir de cousas de SIDA e non se está facendo nada, non se fan campañas. Pero, nos colexios e nos institutos, a educación sexual está completamente esquecida, non existe.

P: os partidos do arco da esquerda crees que deberían de ter algún tipo de protagonismo

R: a esquerda debería ocuparse pola educación. Parece que unha sociedade ben educada é máis difícil de controlar. A educación é básica para o cambio.

P: parece que o problema non existe ata que aparece a data da conmemoración.. non? Pensastes en acudir aos partidos políticos, porque sodes un colectivo que teredes que ter moitas carencias, económicas, de vivenda…

R: a Conselleria de Sanidade axuda, facilita todo o material preventivo, a maior parte das subvencións que están a desenvolver os programas veñen da Conselleria de Sanidade, para os pisos de acollida. A nivel político nonos metemos moito, facemos máis un traballo de rúa. Levamos anos detectando que a educación para a saúde deixouse de lado completamente e as actuais xeracións tampouco falan en casa de sexo, nos colexios tampouco. Hai algúns centros educativos que te chaman para dar unha charla, pero é unha ao ano. Agora mesmo, a xente nova recibe a educación por internet e a educación sexual por internet condúceche a un porno pouco educativo. O venres presentamos o “SEX POINT” CASCO, vai ser un recurso dirixido directamente á educación sexual. Traballo na rúa, en centros educativos, traballo na internet. Esta habendo novos casos de persoas novas con prácticas de risco brutais, hai que asesorar xa.

P: qué necesidades máis urxentes tedes.

R: que se nos axude co SEX POINT, non contamos con axudas. Presentamos o proxecto tanto a nivel político como privado, aválannos para conseguir axuda económica. Falla de novo a concienciación nestes temas, sempre se deixan de lado. A educación sexual segue sendo tabú. Todos sabemos que o sexo é algo habitual, san e que debe gozarse saludablemente e de forma positiva.

P: hai dous temas que me gustaría abordar, un é o de se contades con infraestruturas suficientes e o outro é o tema dos cárceres.

R: os cárceres están a cambiar a cousa un pouquiño. Estamos a ir a Teixeiro aos diferentes módulos de educación para a saúde: hábitos de vida saudable, alimentación, drogas. Hai moito traballo por facer. En infraestruturas sempre faltan. Desde o 2008 faltan moitas cousas. A Secretaria Nacional de SIDA desapareceu. Co problema da crise, a SIDA deixouse de lado. Desapareceron unha chea de comités, só quedamos dous Ourense e nós en Galicia. Vigo pechou no 2009, 2010 por falta de financiamento, e alí había unha casa de acollida para enfermos crónicos, a xente ía alí a morrer e quedou pechada con 10 enfermos crónicos que houbo que derivalos a pisos de acollida que había, pero houbo xente que se tivo que trasladar a outras zonas de España. Agora mesmo hai dous pisos de VIH en toda Galicia, o de Coruña e o de Ourense. 19 prazas en total. Aquí en Coruña hai 11 e en Ourense 8. Hai unha lista de espera tremenda. E son persoas que ademais da súa excusión están moi prexudicadas clinicamente

P: intentais financiamento privado?

R: o logo da loita contra a SIDA non vende. Non se queren vincular a esta imaxe que podemos representar, o mundo da droga da prostitución.. os departamentos de márketing non o estiman oportuno. Si recibimos axudas dalgunha. Pero non o fan á hora de financiarnos unha casa, un piso…

P: estamos a volver ao comezo aos anos duros da enfermidade, o estigma non terminou de desaparecer

R: o método de CASCO é o traballo de rúa. Facer tecido asociativo e acción inmediata Nós queremos que as persoas sexan solidarias. Non queremos institucionalizar ás persoas

P: para terminar … o tema dos cárceres, avanzouse, estades niso..

R: os cárceres custa moito, o mundo de prisións se que é debaixo da alfombra. É un mundo moi obscuro, pechado. Os presos sen vinculacións familiares non teñen quen proteste por eles, agora estanse facendo outras cousas, agora chámannos de prisión para dar charlas, talleres, está a seguirse mais o modelo penal español, o modelo de reinsertar, non castigar, con este modelo tes moito que facer e creo que se empeza a facer produto tamén das protestas e a presión. Desde case os inicios de CASCO, ao ser un mundo vinculado á rúa, moitas das persoas que o fundaron tiñan ingresos en prisión e tívose que presionar moito. A nosa directora é avogada, e está ela levando practicamente o programa de prisións, asesora aos presos…loitou moito por eles.

P: as rapazas e rapaces dos barrios achéganse por aquí?

R: nós no local temos O PUNTO DE CALOR, e hai unha onda de xente moi nova de 18 a 25 anos. Hai un ano collemos un piso de acollida para isto. Houbo unha desestruturación familiar brutal por mor da crise, houbo moita perda de emprego, problemas de abandono familiar, rapaces novos menores de idade que a crise lles ha levado a vivir a centros de acollida. Aos 18 anos ven na rúa, eles mesmos contra o mundo. Fai catro anos, detectamos rapaces de 18 a 25 anos que vivían na rúa, falamos con Servizos Sociais do Concello e con outras institucións e abrimos un piso de acollida específico, a media de idade agora é duns 25 anos. O primeiro ano, nós abrímolo sen apoios, piso cedido polo Concello da Coruña. Pero, a cuestión é que se a túa non atallas ese problema nese momento e esperas cinco anos, cinco anos de rúa, un grupo de 15 rapaces novos ou morren ou se dan conta do poder que teñen como grupo e empezan a ter problemas de violencia, de roubos, de bandas… empezas a ter un problema social grave. Empezas a meter aos rapaces en prisión con 19, 20 anos e cronificas o problema, empalmando condenas. Había que actuar, estes rapaces creceran nunha familia…

P: como está a contorna laboral?

R: Iso practicamente non existe, é moi difícil traballar coa xente nova pola pouca esperanza que teñen. A contorna laboral empeorou por mor da crise, o traballo fixo é cousa do pasado. Tentamos facer acordos con empresas para formar aos rapaces do piso que poidan acceder a un posto de traballo, pero é moi difícil. Conseguir un contrato de tres meses é moito. Con contratos de tres días ou dun mes, nunca poderás ter unha estabilidade e xa non falo de formar unha familia ou planificar a túa vida a medio prazo. Os usuarios que temos van atopando traballo, pero fano un mes si e catro non e iso os que non están dados de alta nunha ETT.

 

P: Como terminarías esta entrevista?

R: Que o futuro está moi negro. É o que vexo día a día e que calquera pode acabar como estas persoas e que vén xente que non contaba para nada estar nesta situación. Porque a xente non se dá conta do problema social ata que non cae nel. Non se dá conta do desamparo que temos, porque se perdes o traballo e os ingresos económicos perdes a posibilidade de pagar unha vivenda e ninguén o vai a facer por ti, as túas facturas e vas acabar desafiuzado e nunha situación de rúa é moi difícil saír adiante porque se tes que preocuparche para almorzar e lavarche ao día, non cabe o facelo por unha entrevista de traballo. Aquí a porta está aberta para todo o mundo. Temos cinco programas e excepto o piso especifico para o VIH, o resto de recursos non preguntamos nada. Aquí no PUNTO DE CALOR, non preguntamos nada á xente que acode, é un recurso de baixa esixencia. Hai todo tipo de perfís.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *