“A xestión das augas deixou de ser un problema ambiental para ser un problema hixiénico-sanitario e económico”

“A xestión das augas deixou de ser un problema ambiental para ser un problema hixiénico-sanitario e económico”

“A xestión das augas deixou de ser un problema ambiental para ser un problema hixiénico-sanitario e económico”

A secretaria xeral de Podemos Galicia e membro da comisión de pesca no parlamento galego, Carmen Santos sinalou onte que “a xestión das augas deixou de ser un problema ambiental para ser un problema hixiénico-sanitario e económico”. Santos fixo estas afirmacións nas xornadas que sobre vertidos, depuradoras e microalgas celebrouse onte en Tenerife organizadas por Podemos Canarias e o equipo de Podemos no parlamento europeo. Na delegación galega tamén estaban biólogos, mariscadores e representates de colectivos como Plademar. Nas xornadas, púxose de manifesto que “a maioría das depuradoras de augas están obsoletas, e as que non o están non son eficientes desde o punto de vista enerxético”, como sinalou o portavoz de Plademar, Pablo Silva, que tamén sostivo que “Ás administracións responsables das devanditas plantas de depuración, por norma xeral, élles máis barato incumprir a normativa non facendo funcionar a pleno rendemento as mesmas e pagar sancións que pagar a factura eléctrica de facer funcionar as depuradoras”.

O tamén membro de Plademar e do Consello Cidadán galego de Podemos, Angel Gey, indicou pola súa banda que “Se produce un dano ambiental, que afecta os ecosistemas e por tanto aos sectores produtivos do mar como a pesca e o marisqueo”. O que segundo Gey “fai desaparecer especies no peor dos casos ou as diminucións en número e talla”. Pola súa banda, o secretario de mar de Podemos Galicia e membro da confradía da ría de Muros-Noia, Rogelio Santos, sinalou que ” O número de individuos das especies mariñas reduceuse drasticamente nos últimos 40 anos, desaparecendo moitas e poñendose en perigo outras, tanto das que son obxeto de pesca, como das que non”, e relacionouno con “o descenso das distintas frotas con valores de entre o 50 e do 75% en termos xerais”. Rogelio Santos tamén indicou que “hai que investir máis naqueles aspectos que podemos controlar sen escusas, e que aínda no se esta facendo, como que todo o que se verta ao mar estea previamente depurado, ou adicar maiores partidas orzamentarias ao estudo do estado do mar e dos seus problemas, achegando solucións fiables dende a comunidade científica”. Por último, tamén se chamou a atención sobre a incidencia na saúde pública desta contaminación e a aparición de enfermidades graves nestas zonas.

Abrir os ollos ao cambio climático.

As xornadas tamén contaron cunha mesa inaugural na que participaron cargos públicos de Podemos como a eurodeputada Estefanía Torres, o deputado no congreso Alberto Rodríguez ou o deputado autonómico galego e secretario de Organización de Podemos Galicia Juan Merlo e expertos como o doutor en bioloxía molecular e colaborador de Podemos en Galicia, David Crespo, e na que ademáis de abordar propostas e medidas púxose de manifesto, por exemplo, que España ten sobre a mesa unha multa da Unión Europea de 46 millóns de euros por vertidos incontrolados.